Emitida en la Televisión de Galicia, Telexornal Serán el 21.09.2013 Ver programa

Unha trintena de bloggers de moda participan en Vigo nun encontro organizado pola zona comercial urbana Centro Príncipe. Pretenden dar a coñecer un fenómeno que cada vez teñen máis en conta as grandes marcas. A través destes espazos web persoas anónimas ofrecen unha visión máis realista e cotiá do mundo da moda.

Guadalupe estuda enxeñería pero, nun futuro, gustaríalle traballar no mundo da moda. Para ela, vestirse acotío é algo máis que poñer roupa.Por iso hai un ano decidiu abrir un blog ao que se achegan persoas do máis diverso. Hoxe comparte con outras bloggers galegas a súa paixón polo centro de Vigo. Queren dar a coñecer un fenómeno que nos últimos anos non deixou de medrar.

Comezaron como usuarias de blogs de moda e, malia dedicárense a outras ocupacións, non descartan poder chegar a vivir destes espazos virtuais que están no punto de mira das grandes marcas. Os máis influentes xa xeran ingresos porque, non hai que esquecer que, no fondo, fanlles publicidade de balde.


INICIA SESIÓN EN TU CUENTA

Tu privacidad es importante para nosotros y nunca será mal utilizada.

 
×
¿HAS OLVIDADO TUS DATOS?
×

Subir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies